retrato de Ainara

Pablo Gallo [razón aquí] mata as horas ensamblando micrometraxes apátridas namentres o sol transmuta hidróxeno en helio como un condenado e os planetas seguen órbitas aburridas, keplerianas, estoicas.

Este é o Retrato de Ainara, unha moza riquiña e con aire de flor xaponesa á que lle acae como anel ao dedo a voz de lixivia no chan dun bar de Arizona de Waits.

Se queredes máis, nesas micrometraxes apátridas atoparedes magos impertinentes, amantes lingüistas, mortos con memoria… e conversas sobre Deus. 30 intensos segundos sobre o divino e o carnalmente humano, máomenos.

2 pensamentos sobre “retrato de Ainara

  1. a verdade é que a min tamén me fixo ilusión, é estraño coñecer a alguén do que tes certa imaxe pre-creada. xa era estraño verte en fotografías e fóra dos teus versos, porque eu xa te imaxinara hai tempo cando lía o teu número e.

    seguro que iremos a ver outros bisontes, e adrián díxome que tiñas ganas duns percebes [aínda que a min me gusta máis o centolo, pero o macho, digan o que digan os entendidos, porque as ovas das femias son unha dificultade]. pois iso, a ver si adrián invita!!

    ata pronto

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: