Cafeteira para masoquistas. Porque habelos, hailos.
Houbo unha vez un home que pensou cousas imposíbeis. Non soles saíndo polo oeste. Non neve ascendendo cara o ceo. Non varóns dando a luz. Non bestas compasivas das súas presas. Non xustiza social. Cousas que se nos poden vir aos miolos cando invocamos cousas imposíbeis. El matinou máis ben en obxectos cercanos, inofensivos, con algo do monstroso e fascinante que conleva o epíteto imposíbel: preside a cafeteira para masoquistas, pero entre os artigos do seu catálogo atopamos preservativos de encaixe, a máquina de coser con enerxía animal [un rato a dar voltas na rosca], o xadrez esférico ou o aparello para poñer os puntos sobre as íes…
Houbo un home que pensou en cousas imposíbeis. Houbo moitos. Habería moitas detrás de cada moito, ou tamén habería moitas exentas?
En fin, hoxe tocounos este, deseñador dun catálogo que de tan imposíbel volveu máis atractivo e comercial ca outros con posíbeis. O señor imposíbel é Jacques Carelman. O público imposíbel, vos, que tan así me mirades.
Xadrez esférico. Unha volta e vaise ao carallo. Carimbo dixital. Para compras en e-bay, ocórreseme
Datos de interese: saravia. A saravia, di este, convoca á xente ás fiestras. Como os accidentes de tráfico, as liortas callejeras, as comparsas, a choiva forte ou o aburrimento. O mundo olla polas fiestras. Namentres, uns poucos fan campaña electoral en diversos lugares do planeta e, durante cada vez máis tempo, esquecen que son ou van ser políticos ao servizo dun pobo e comen no mesmo prato que os divos mediáticos.
Seica a política non é máis ca unha cuestión de divismo mediático. Desprezámola.
Memoria para enxertos futuros: Y sopra moi ben, o cal permítelle usar matasogras en antroido, inflar globiños pequenos, facer soar o moucho de madeira de I ou tocar un chiflo militar que levo coas chaves. A Y non se lle dá ben soarse os mocos nin que llos soen. A Y gústanlle Tom e Jerry. A quen non?
Contan que en certa ocasión viña no coche de liña de Lugo-Antas un home “importante” na sociedade local dos anos 60. E traia o periódico aberto, mentras afincaba a vista nel. Pasando pola “volta de Varela”, un compañeiro de viaxe díxolle: “pero bon home, non se percata que leva o periódico do revés?”.
Contan que con aire de superioridade, o de Antas respostou: “Oi que carallo, do dereito lee calquera!!!”.
—
Cafeteiras co coa asa e o pitorro contrapostos…tamén as fai calquera.
Saúdos dende a Chousa
calquera, calquera… non todos veñen sendo calquera, malia que se nos fai crer que si. Hai calqueras verdadeiramente calqueras e outros que chegan á calqueridade por azar, por ligar, por caer ben. Por amolar.
O calquerismo non é unha ciencia que poida instruírse. O noncalquerismo, por simetría cósmica, dende logo tampouco.
Mmmm … me acuerdo de la exposición. Tuve que reprimir las ganas para no levantar la pata ante la escalera para los mutilados de dos piernas.
jajaja! Macabrito es un rato el musiu Carelman. Arf, arf, Betún, arf, arf
E, digo eu, seica calquera das razóns que ti mesma das para acadar á calqueridade; non pode misturarse do xeito de “chegar por azar e, amolando, rematar por caer ben e acadar o ligue” ? (Cousas máis complicadas xa se teñen solucionado na Axencia Espacial Europea)
Eu nacín un día calquera, nunha parte calquera de Galicia que agora visito de cando en cando, mentras vago por calquera parte do mundo, onde me encarreguen unha cousa calquera.
A miña calqueridade xa me veu de natal… sen esforzo algún.
olá Estibaliz, perdoa que use este medio para contactar contigo pero non atopo outro xeito. Pasoume o teu enderezo postal Alberte Augusto Miranda para poder enviarche un poemario que me publicou a incomunidade pero non sei se o enderezo está ben (ousexa se aínda é vixente). pásoche meu mail e se podes pasarme un enderezo onde enviarche o libro agradezocho. Bicos,
Eva
evaroxo@gmail.com