Ola.
Este é un saúdo para os que estean no Centro On nestes momentos lendo isto, aí, na cómoda escuridade, caladiños…
Isto está escrito no pasado, co cal presupoño que estes momentos precisos son o futuro, e de aí que eu estea como é normal e esperábel, emocionada por estar escribindo neste meu pasado, o voso futuro.
É unha trapallada. Fascinante trapallada.
Resulta que vós estádesme a ler dende o Centro On i eu estou aí, convosco, cando xuraría que me atopo nestes intres, ás 17:06 hora local, facendo a dixestión dun pato chino e uns tallaríns tranquilamente na miña casa.
Mais non. Estou aí convosco, lendo esta páxina proxectada nunha parede.
O mundo é un lugar verdadeiramente confuso.
e eu estou lendo iso no futuro do futuro …¿?…ou estaba lendo iso no pasado do futuro, porque agora estou escribindo….é cousa ben extraordinaria o tempo…”o tempo”
Que curioso, porque tamén estás aquí, no presente… Seica un está en todas partes porque un parte sempre desde onde está… ¿non si?
Por falar de tempos pretéritos: se nosos tataravós avistasen internet, e ollasen este post e os comentarios correspondentes; non sei exactamente que lles pasaría pola cabeza, pero seguramente deixarían de beber viño!
Bicos presentes
son estíbaliz dentro de 50 anos.
Ai, que paveros que eramos todos hai 50 anos!
En fin, este post tiña que ver cunha especie de charla que tivo lugar no Centro On, pero ao final liei demasiado e non tivo lugar a cousa. Ou seña, que todo ese presente, pasado e futuro ao que aludimos… nunca aconteceron
boas noites
¿E esperas 50 anos para confesalo? Seica nunca é tarde para desclasificar unha incomparecencia… Aínda que, tamén e xusto dicilo, “aquella noche que fallaste, tampoco fui a la cita yo…”
ya, seguramente estarías en la calle del cuento, no, bruno? y no es una metáfora… ver fotolog de la críatura…
Ay! cómo te es el azar, oye
os comentarios a este post chorra están sendo la mar de interestings
go on, beibis