na cociña do blog

Vostedes non a ven. Pero os blogs teñen cociña. Unha parte de atrás, un backyard, no que se mesturan os ingredientes que chegan á súa mesa e nós [o maldito plural maestático: eu] fisgo informacións do exterior.

O lercheo nútrese aquí, padaléase, como en todas as cociñas.

Por exemplo, boto unha ollada na cociña deste blog que alimenta os seus perturbados sorrisos dun día hoxe, enteiramente hoxe e por exemplo xoves, e vexo que hai xente [que hai xente!] que tecolea no google cousas como:

judith 2
agua detras de un cristal 2
natalie shau 1
xitanas con manto 1
goticas porno 1
significado:abismo 1

E arriban a unha páxina como esta, como esta que brilla e ronronea ante as súas pupilas.

Non contentos con iso, tamén hai xente que procura…

boticcelli 5
nude 4
estíbaliz espinosa blog 2
hibris 2
mmmm 2
holograma 1
pequeña suricata 1
actrices zoo 1
branda 1
cara de princesa alicia 1

… e non sei que cara de princesa ou de póker lles queda cando chegan novamente aquí. Algúns atopando o que buscan. Outros, nin remotamente.

Interésanme especialmente as persoas que procuran cousas como: agua detrás de un cristal, actrices zoo, cara de princesa alicia, góticas porno ou xitanas con manto. Cando digo que me interesan especialmente é nun sentido morboso. Dende logo. Non literal.

É inquietante, e non sei se aleccionador ou deprimente, a variedade, mellor a variopintidade, mellor a pintoresquidade de persoas e intencións que poboan o mundo. E que rondan por aquí ou por alá. Comprenden? Que caen aquí como cae unha mosca nunha tarta, sen a intención final de morrer nesta tarta, un pouco polo azar que queremos crer que goberna as nosas vidas… Crer no azar é un xeito que crer que todo é posible. Un pensamento benéfico, como un trasno, un duende: o azar. Novela e desnovela, enlea e desenlea, enladrilla e desenladrilla, o azar lévanos a google, san google, o patrón do azaroso, tecoela calquera cousa e acertarás, toooooodo existe [e ademais, máis] e podemos procurar

calquera, calquera, calquera cousa

calqueridades e calquerismos

[o nome daquela actriz, unha frase célebre que esquecimos, o por que de certas cuestións e certas outras, as imaxes do actual, do novísimo, do posmoderno, do futurible, google é o patrón da recursividade, do que se alimenta a si mesmo e se lexitima por si mesmo, a creación dun universo a partir dunha ferramenta que servía para outra cousa…]

Os blogs son recursos espías, espellos nos que miramos quen nos mira e con que intencións.

O de escribir neles tamén. Tamén é unha escusa.

5 pensamentos sobre “na cociña do blog

  1. A cozinhaaa…
    O pior é quando se va a lus… Caghuninghundigho!
    Levo toda a tarde intentando entrar na minha casa, mas parece ser que hoje nom vai ser possível, assim que intento calmar a iracunda coléra visitando as casas dos e das amigas.
    Sobre todo, essas que sempre tenhem bicas 🙂
    bicos

  2. Google, wordpress… quen sabe como imos chimpando de casa en casa, entrando até a cociña, con confianza e/ou descaro.
    Eu viña pedir un pouco sal, eu viña preguntar se lles vai a luz, eu viña seguindo á princesa de Clèves… Son admiradora das madames barrocas e dos seus salóns culturetas, e quedoume a intriga pola alusión no post de Fleur a unha disputa sobre Madame de Lafayette. Pódeme dar máis datos?

  3. Já conseguim entrar na cozinha… e mesmo no quarto!

    Mas agora, justo antes de entrar a currar, venho até a sua morada, só para parabenizá-la, pola parte que lhe toca, polo video das Maribolheiras Precárias.
    A igreja mata, apostata!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: