En Barcelona, en Santa Susanna, fanse cousas como unha Feira da Maxia.
Nunha Feira da Maxia, ou Fira Mágica en santasusannés, ademais de mouchos, coruxas, sapos e bruxas, demos, trasnos e diaños ha de haber tarots dos que poidan termar as vellas bruxas entre os calos das mans para amargarlles a vida aos interventores de certos concellos e docificarlles a vida ás doncelas de encriptados e bretemosos pulmóns. Os tarots, como todo o mundo sabe incluído vostede, son un mosaico de todo

canto existe na superficie terrestre, no subsolo e na troposfera, vencellado ese todo ás… como dicilo? forzas do mal, forzas vivas e mortas. Forzas arcanas. Precisamente, o arcano número XI, o da Forza, foi o que me tocou preparar a min na edición do tarot deste ano.
Un pouco máis abaixo vedes as creacións para outros arcanos maiores:

O comisario e tamén artífice dunha das cartas deste tarot da Fira Mágica 2008 foi Agustín Calvo Galán, poeta visual ao que atoparedes por aquí.
e logo esa festa xa foi?? ten boa pinta…eu estou en sant pere de vilamajor, cerquiña de barcelona…
si, cristinha, xa foi. Hai máis de un mes. Non o puxen no post, pero celebrouse do 21 ao 24 de xuño, coincide co solsticio de verán. Polo visto é cada ano. Se cadra para a próxima volta solar podes pasarte e cóntanos o futuro… o de todos :]
Petóns… non? [petonas]