Toda a tarde escoitando isto. Unhas 37 veces.
Estamos mal, doutor?

Traballo arreo con varios textos, sigo a voltas con versos siameses, con fotos intruders, traballo para Silvestar, de Croacia, traballo un monte a cambio de nada. Facendo o que ninguén me obriga, para min. Como cando tiña 10 anos e escribía, escribía, escribía.
Sen porqué.
Pura amateur.
Instinto cru.
Autodidacta, torpe, acubillada no dominio sagrado de todo cangarexo ermitán, de todo zoupón en relacións sociais, de todo alérxico a interlocutores face à face:a interfaz. O antifaz. A rede. A rede dos acróbatas, das mariscadoras, dos humanos araña.
Nada de raciocinio na bóveda estrelada do meu cranio…
Viva este xeito de ser.
Qué viva! Qué viva esa forma de ser!
que viva!… Pero escoitar 37 veces ese tema si que é un chisco preocupante
uf…máis triste é traballar por cartos e alegrarse só un día ao mes….
bicasos! (ogallá nos vexamos prontiño)
todos, todos tendes razón…