casa de citas XIV

budapeliqueiro1
Budapeliqueiro, do metapatafísico Pablo Gallo

No mundo da ciencia a palabra máis emocionante non é ‘eureka’, senón ‘vaia”

Lido por aí, nunha revista de divulgación científica

11 pensamentos sobre “casa de citas XIV

  1. Nem me atrevo a acrescentar nada depois do Espírito Santo e Jonh Lennon (som a mesma pessoa, nom?). Só queria dizer agradecer por ter-nos cedido a tua casa para experimentar. Obrigado.
    🙂

    Assdo. Eu, e todos os que eu fum/era/seja

  2. un comentario. eu, ou quen for que me asiste mestres escrito, non son homo sapiens senón hetero sapiens. Hetero sapiens que ben soa, moito mellor que wasp (white anglo saxon protestant). agora que van clonar ao home do neanderthal.
    moi fermosas as fotos de flickr. ten vostede talento, aínda que creo que non o sabe. ou non llo dixeron suficientemente. quizais non teña avoa.
    siga así.

  3. ah, outra cousa. a lennon non mo toque. aínda vén algunha noite a cantarme “Across the universe”.

  4. No sé si me gustan más tus poemas en castellano o en gallego. Aunque desconozco el idioma tienen una musicalidad exquisita. Por cierto, guapísima en tu foto de facebook. Nos oímos el martes. Lo anuncié en el blog y ya te tengo secuestrada entre mis preferidos, así podré visitarte todos los días. Un beso

  5. Hermes: eu desconfiaría de John Lennon. Efectivamente, non teño avoa. Pero non crea, non boto de menos os afagos [si ás avoas]: nunca sei que facer con eles.
    Graciñas por deixar as túas amables impresións.

    Oscar Santos: pide un rescate muy alto, anda. Siempre quise saber cuánto valgo en euros. Oímonos o martes!

  6. Estimada: Lennon mais eu temos un antigo e continuado coñecemento. En realidade, todo xurdiu espontaneamente cando eu tocaba na Sinfónica de Londres e fun chamado para participar na gravación do Sargeant Peppers. Aínda que iso aconteceu hai moitos anos non deduza vostede que son un vello sesaxenario. A estas alturas ha saber que a memoria está composta non só do que vivimos senón igualmente do que soñamos.
    O meu cello tamén soa de fondo na orquestración de Phil Spector (que logo remataría de asasino de prostitutas) para Across the Universe.
    Todo isto contareino un día ou outro no meu libro de memorias: “Anos dun hetero sapiens”. (Fermosa polisemia).
    Mentres tanto celebro a súa (de vostede) existencia.

  7. Grazas polos comentarios.

    Anónimo: agardamos esas memorias pseudovividas-pseudosoñadas Anos dun hetero sapiens como auga de maio. Chelista en Across the universe?

    Xa digo: como auga de maio.

    Luís, si, a literatura como grande casa de citas… O que pasa que non sempre o penso dun xeito positivo. Bicas.

  8. Admirada: o meu chelo en Across the universe foi borrado polo parvo do Phil (Spector), que dixo que non eran preciso na ambientación sinfónica, xa sabes, o sound wall ese do que fala todo dios. Pero eu tocar toquei, vaia si toquei. Ademais dígoche outra cousa: estivemos a ensaiar o Harrison co sitar, o Lennon coa acústica de doce cordas e mais eu co chelo durante unha tarde enteira. Nin che digo como soaba. Foi deses momentos máxicos, irrepetibles.
    Hai pouco nun bar de Ourense, unha amiga miña pediu un bocata de xamón e queixo e o camareiro díxolle que así era como lle gustaban a Lennon. Si, si, a Lennon. John Winston, que o de Winston púxollo a nai por Churchill. Cando lle preguntou de que coñecía a Lennon, contestoulle que estivera a traballar durante moitos anos alí mesmo, ao pé do edificio Dakota, e que, de cando en vez, chamaban para que lles subisen algo de comida. E que sempre o recibían moi amables e que o mandaban pasar e que lle daban unha fortuna de propina.
    Ah, tempos!

  9. Empezo a pensar que onte soñei cun novo post teu, Estíbaliz. Pensei que era real: pinchei no teu blog, e ó entrar lin un texto cheo de palabras adictivas. Había unha foto que falaba sobre tí.

    Ou soñei, ou estás facendo un experimento.

    Non me digas que se debe a un erro informático, porque entón perderei a ilusión

    apertas!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: