blogtroll

xoanino

Nos últimos tempos un troll visitou este blog e logo paseou por outro coa mesma cantilena. Claro que o segundo blog era “da mesma póla” ou seica compartían sombra e non pasou nada.

Que queren que lles diga, critíquenme ou non, non me van os trolls. Nin que dicir dos curas [cu (ltu)r(et) as] que sermonean. E a xente con moralina que pretende dar leccións? Para nada. E a que descualifica ad personam sen ton nin son? Pois tampouco me vai. E non esquezamos os linchamentos de pirolas a «poetisas galegas sensibles». Xente que lincha mulleres [non as súas obras: ás mulleres que as fan, ad personam sempre] e logo dirase de si mesmo ou mesma neotransfeminonseiqué. E as pijadas. As pijadas… tampouco me van, hale. Hoxe non me vai nada, que lle vou facer.

Comungar con rodas de muíño, déixoo para as freguesías.

Estíbaliz…Espinosa, decembro 2008

xoan-galego2

10 pensamentos sobre “blogtroll

  1. Com isto e um pouco mais, vai vostede batir o record de visitas e comentários aos seus posts… 😉

    Ainda menos mal que estám perto já as férias de inverno. Porte-se bem, que se nom o Apalpador nom vai querer apalpa-la… digo… traer-lhe presentes e agasalhos.

    Já sabe vostede (ainda que esteja mal autocitar-se), que a língua se defende bem dos idiotas. Mas que a nós, a nós, quem nos defende a nós dos idiotas.

  2. A herba de San Xóan? Esa que medra dentro de… 6 meses?
    Déixeme desfogar, ho, que outros tamén o fixeron ao seu gosto.

    Qué mal senta neste país a lexítima defensa. Un ten que calar coma un moucho. Seica tamén dicir que chove

  3. i(gor) : debería vostede auto-citarse máis a miúdo

    O do Apalpador tenme moi intrigada: onde leva os agasallos? Vén tamén o 24 á noite? Por favor, que non baixe pola cheminea. E se ten que dicir algo que non sexa hohoho!

  4. Nom precisa vostede de muitas ajudas para se defender, já vejo. Mas já sabe vostede que nom somos poucos, nem poucas, as e os estibalizistas, os e as espinosófilos.

    Saúde e alegria.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: