
Existe unha ecuación, a ecuación de Drake, desenvolvida para calcular a probabilidade de civilizacións con vida intelixente que poidese haber no universo.
Nunca oín falar de unha que calculase esa probabilidade aplicada ás da Terra.
Nunca oín de unha que calculase a probabilidade de vida melancólica ou nostálxica no universo.
Nunca oín de unha que calculase a probabilidade de atopar vida minimamente parecida ou cordial á nosa.
Nunca oín de unha que calculase a probabilidade de que neste intre algunha estraña forma de vida extraterrestre se atope calculando unha ecuación na que se pregunte por nós.
Alguén se pregunta por nós?
Somos morosos dalgún extraterrestre? Non. Daquela ninguén se preguntará por nós.
Así de saturnino é o noso xeito de ficar sos.
Gustav Holst expresouno así.
“Co Premio Dardos recoñécense os valores que cada blogger, emprega ao transmitir valores culturais, éticos, literarios, persoais, etc., que, en suma, demostran a súa creatividade a través do pensamento vivo que está e permanece intacto entre as súas letras, entre as súas palabras.
Eses selos foran criados como a intención de promover a confraternización entre os bloggers, unha forma de demonstrar cariño e recoñecemento por un traballo que agregue valor á Web”.
Pola miña parte, este blog o merece.
Grazas, Lidia.
Acabas de inocularme un dardo de ego
😮
Vaia… mais um.
Mais ego para o teu ego 😉
“O Levantador de Minas tivo a bem premiar o meu blogue com um dos Prémios Dardos.
Fago eu entrega dos meus Dardos, a:
Made in Galiza, porque si, porque quero.
…mmmmm…, porque me gosta.
Fannyalexander, porque me peta e da-me a gana.
Aguardo que recolham o prémio. Aguardo que repartam os seus dardos. Saude e blogue!”
Raios. Grazas. Recollo o premio e repartirei os meus dardos.
Que farei agora con tanto ego?
Vendo ego. Caro. Cotizado. Con hipoteca. Plumaxe de cores. Visible en festas, intervencións públicas, sintaxes aparentemente simples. Ego de aire, ego de vento. Puro O2, limpo, procedente de Montederramo e do porto de Dexo. Amplas vistas panorámicas, garantía de sensacións aerostáticas de potencia e benestar. Cobertoira anti-envexa, escudo anti-pinchazos inopinados. Medidor e doses encapsuladas de falsa humildade. Latrías variadas para adorno. Cordeliño útil para non saír voando. Lastres de agasallo: fracaso soluble, derrotas mastigables, críticas en po, mortalidade.