lite mons

nightinasmalltown
by Joel-Peter Witkin, Night in a Small Town

…todo canto non sexa monstroso énos raro.

5 pensamentos sobre “lite mons

  1. Fálaballe eu un destes días a un amigo do ‘Monstruario’ de Julián Ríos… Se lle interesa Witkin e as súas ‘anomalías’ é posible que tamén lle poida interesar Thomas Grünfeld.
    Por suposto, entro, leo, sempre aprendo. Interésanme sobre todo as reflexións que van aparecendo sobre o feito de escribir/non-escribir, insistir/desistir, existir/resistir, e pares así ou doutra maneira, ou incluso tríos. Quero dicir que, por suposto, eu seguirei entrando aínda que non deixe -por que hoxe?- pegadas.

  2. Tío Pepín, grazas por lembrarme poñer o pe da foto. Witkin non creo que sexa conxugable co verbo gustar. Vai máis aló diso ou quédase máis acó, aínda non sei. Alguén que revolve tanta tripa non pode definirse cos mesmos vimbios categoriais cos que definimos unha cor. Non sei que opina vostede. Sinceramente, levo pensando un pedazo a cuestión e conclúo que tampouco aventuro se me gusta Witkin porque non sei se estou preparada para coñecer toda a súa obra. Do que coñezo, aínda sigo perplexa. Esta é unha das súas poucas fotografías das que si pode dicirse que poderían ou non gustar. O resto, escoce.

    De xeito que, como non coñezo a Thomas Grünfeld, non me atrevo a pór en marcha o google images para atopalo.

    Pero fareino :]

    É a normalidade, a brutal realidade do monstroso a que nos espanta. Na fotografía estamos afeitos á idealización estilizada. Os monstros de Witkin tamén están idealizados, pero non deixan de ser reais.

    Witkin é un tipo medieval.

    En fin. Que grazas polas pegadas e as suxestións.

  3. insisto, vaia potranca. a égoa como símbolo sexual poderosísimo e a pegasa ou como se lle chame a esta muller-egoa en posición sensible, ou sensibilizada, pola música. Que hai entre a pianista e a poldra? Só sensibilidade ou algo máis.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: