spoken image, regueifa imaxinaria, words from other world, espoquen uerds, spoken words, fá[bul]as contadas…

Escher Hands revisited
Escher Hands revisited

Hai unhas semanas convidáronme a dar o meu primeiro recital vía dixital. Foi no LILEC 09, a Feira do Libro e a Lectura de Almería. O ano pasado estivera presente fisicamente, de corpo e alma, e este ano acudín virtualmente.  Só coa alma.

O recital tiña lugar no pub El Zaguán, mais o único que se molestou en acudir alí foi o público. Primeiro a poeta Ana Gorría leu textos de varios blogs . Todo foi ben. Na miña quenda, a comunicación cortouse un par de veces. Nada que non aconteza nun recital de corpo presente no que a audiencia comeza a pensar noutra cousa. Córtase a comunicación. Orabén, con esta nova modalidade recitativa sentín algo xenial: podo ser unha cabeza parlante, como as de Futurama, o meu corpo xa non é preciso para nada, son incorpórea, viaxo en aeroliña astral 1000 km e poden escoitarme e verme nunha pantalla xigante de bar.

E iso que me pasa a min, pode pasarte a ti.

O ano pasado, no LILEC o8 a experiencia tirara máis cara ao spoken word: María Lado, Yolanda Castaño e eu leváramos as nosas imaxes connosco. Desta vez, a miña imaxe levouna a tecnoloxía.

Mel nas filloas. Todo cómodo, indoloro e doméstico. Dende un sofá da miña casiña, cun xersei e a parte de abaixo dun pixama acudín a un recital en Almería.

Oh, prodixio prodixioso, oh marabilla marabillosa!

Facer recitais así soa máis gorentoso e insto ás autoridades pertinentes a que promovan e provoquen máis vídeorrecitais: queremos ver aos autores cociñando, pelando patacas, lendo en albornoz ao saíren do baño, na cama a piques de apagar a luz, posando nun sofá caro cos Ferrero Rocher na mesiña, co sempiterno andel de libros detrás… Xa non nos abonda coa intimidade dos textos: queremos a intimidade da alma.

Queremos menos recitais de corpos e máis recitais de almas.

De cabezas parlantes.

Estar ou non estar.

Velaí the cuestion.

Banda sonora: os temas, os fragmentos de pelis e documentais e as letras acrílicas do novo disco de Ataque Escampe. Perdérseo é delito. Neste intre soa A Febre. O caos absoluto comanda a expedición. Son mineiro nas minas do rei Salomón. O deserto é a promesa de beber. Non hai repouso, din as moscas tse-tse.

2 pensamentos sobre “spoken image, regueifa imaxinaria, words from other world, espoquen uerds, spoken words, fá[bul]as contadas…

  1. Ola! Veño a felicitarche e agradecerche a túa entrevista no programa de Juan, estiveches de fábula, e nos deixaches unha boa mostra do teu tesouro, ou mellor dicir que ti es un tesouro e nos deixaches unha pequena gran mostra, deixaste a todos abraiados (lóxico).
    E a miña pel, outra vez de galiña, e Max cheo de ledicia,,,

    Bicos… ¡a moreas!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: