Pablo Gallo. Xa falei del algunhas veces aquí. El é o autor desta micrometraxe baseada nun texto de Zoommm. Textos biónicos, o titulado suspense. O texto naceu no ano 2002 e ten unha morte prevista para o 3200, aprox. Ata entón poderá ser lido en forma de texto ou sub specie visionaris [corríxeme que me trabuco, Cicero] aquí:
SUSPENSE
non sigas lendo. isto é unha trampa.
non vou dicirche que faría canto quixeras
e estamos incriminados nela, ti e máis eu
non vou dicirche que quizais non
e debes seguirme punto por punto ata o final
non vou dicirche que enterrei todas as palabras
estás atrapado agora, e a vida váiselle a este poema
poderás empezalo unha e mil veces e unha e mil veces acabará da
mesma forma
estamos só os dous e ti fasme sentir que todo isto é certo
pero se non é certo, por qué segues aquí
por qué segues
a piques de caer nesta trampa indivisa
na vida que se lle vai a este poema, secamente
faría canto quixeras
quizais non
enterrei todas as palabras
quédanme estas para che dicir que quero
aprender
o teu rostro
de memoria
E…E, 2002
rediós! que chulada!!! e que guai o convite do lilec…como mola recitar a distancia! eu acabo de inaugurar a telesinatura de libros, que non presta tanto coma ler a distancia, pero éche unha comodidade.
bicos enormes ghuapa. agardo verche(vos) pronto. ese teu neno debe ser xa…un moso!
Non está mal. Gústame. Quedei contento.
Pero foi doado facelo ben có texto que me enviaches, tan só había que debuxar, filmar e demáis zarandaxas.
Por certo, coidado coas queimaduras no almorzo.
Bicos.
que preciosidad.. 🙂
Graciñas ol ov iu