more número 9

Ante a inminente estrea desta peli:

lembrei destoutra curta marabillosa en stop-motion con música machaconamente melancólica de New Order.  A temática non é igual, claro, a relación máquina-civilización humana apenas existe na curta de Mark Osborne, senón máis ben un desencanto finisecular polo traballo e o capitalismo. E a saudade. Unha saudade impenetrable, rescatada nun par de imaxes da nenez e só aliviada en parte polo resplandor interior e as drogas.

Dende certo punto de vista, o que acontece en More non é senón a saudade que embaza o feito de mercantilizar calquera recurso humano concernente a unha pulsión interior ou á emoción. A literatura, por exemplo.

Matinaba en pedir Bliss aos Reis Magos do Oriente Próximo. Pero non deixaría de ser, fíxense ben, un agasallo triste.

Teremos que ver as heroicidades mesiánicas do Número 9 nunha peli catastrofista [unha vez máis] sobre máquinas rebeldes e planeta arrasado. Como nos presta ver o noso planeta arrasado, ven o que lles dicía?

Os bonequiños de ámbolos dous films danse un aire.

2 pensamentos sobre “more número 9

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: