enerxía escura por todas partes

Se introduces [clic] neste fotograma de Lotte Reiniger chegarás á canción que levo escoitando toda esta tarde. Moverás os beizos como eu os movo esta tarde. Sacudirás o cranio como eu o sacudo esta tarde. Talvez infectarante todos e cada un dos meus pensamentos desta tarde e repetirás a súa milimetrada secuencia, dende os dous textos que comecei [esta tarde] ata as entradas na wikipedia sobre Biosfera 2 ou N. Tesla que aínda permanecen abertas en canle na pantalla crepuscular. Da tarde.

Pénsao.

I think I saw you in the shadows

4 pensamentos sobre “enerxía escura por todas partes

  1. …milimetrada secuencia

    mmmmm. espera que
    consulte o meu libro de citas:
    o luns, […]

    movo e movo os beizos e persiste a inseguridade, a incredulidade. non, non podo convencerme de que así os movera/s ti/vostede esta mesma tarde de sorteo do mundial, de abandono da folga de fame de Haidar, de voltas e voltas e voltas ó rostro/visage de Belmondo pintado de azul talvez poeticamente YKB… Pero nunca me sentín cómodo escoitando a PJ, nunca a pesar de insistir, a pesar de querer. Blablá. Lista aberta, lista, eso si, delay, retardada forever.
    Conclusión: hoxe por un tempo deixeime arrolar poos seus textos biónicos, e, sinceramente, pensei que me tería gustado atoparme nesa dedicatoria final. Por suposto, non había posibilidade.

    ñññññññññññ

  2. Nunca crin que os meus textos puidesen arrolar a ninguén. É agradable ler iso.

    A dedicatoria final é un mosaico no que a día de hoxe sobran algúns e faltan outros. É de supoñer que ata certa xente que non coñezo persoalmente malia falarmos a través da rede formará parte dese mosaico.

    Supoño que a palabra final é a dunha porta que se pecha :]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: