algúns textos nucleares de xente que escribe agora mesmo [traducidos a galego]

Tres poemas de María Eloy-García en Cuánto dura cuanto, El Gaviero , 2007

tradución a galego de Estíbaliz…Espinosa

A ENCARGADA MURIEL

co xesto decidido pos cara de importancia
sabes que es un atlas cun mundo feito de equívocos
o teu traballo é contentar aos que compran
mudar os prezos facerte oferta
na punta da pirámide do teu sistema
tan templo palacial es a sacerdotisa
adiviñas qué se agocha tras os deuses
co teu nome a te escintilar no peito
alguén te chama en off dende a altura
voz impersoal que só teñen
as encargadas tristes da megafonía
a túa cara adivíñase relixiosa
chegas ao departamento nivel alto
á capela sixtina do consumo
o deus achega o seu índice euríbor
ao teu índice machucado por todos os traballos do mundo
tócate coa súa verdade e os prezos tremen
o amaciador marca tan branca
sobe cincuenta
a túa pistola que dispara os prezos cárgase de novo
cunha tinta máis nova que nunca
sobre o peito indefenso das botellas

O BEN INMOBLE

a nostalxia vive no sexto piso
tira un papel pola xanela
e por un segundo
confúndese co voo migratorio
dun paxaro que quere aparearse
a merda que bota dende o seu arriba
cae sobre a raia no medio
dun preso en liberdade condicional
que non lembra como é que se se ía á súa casa
aquí o neno veo todo
crea nese intre na parte esquerda do cerebro
un comezo de neura
que asociará á pracidez vinte anos máis tarde

a bondade vive no terceiro

ten unha casa confortable mais incómoda
o odio ten sempre un can na porta do cuarto
pero a decoración da súa casa é impecable
a timidez que vive no quinto
ve pola mirilla da súa porta blindada
a cabeza distorsionada dun gordo que é o mundo
no noveno vive a veneración
a solteira que comparte piso coa envexa
o do oitavo que é o tempo
quedou xustamente encerrado no ascensor
o día aquel no que viñeches a casa

eu son ese edificio
pero nunca subo ao décimo
a casa da perfección que é unha déspota
adoito porén ficar no primeiro
do que nunca sei saír
alí vive o fastío que xamais pagou a comunidade
a memoria
que vive no segundo
ten síndrome de dióxenes
todo canto sube á súa casa
é digno de ser gardado
calquera parvada ten a dignidade dun tesouro
mais nunca lembra ao que o esqueceu a ela

ese día subirei ao sétimo
porque é xusto alí onde habita o esquecemento


DO QUE CONTAN AS TABULETAS EN LIÑAL A

xa sei
xa sei de que te coñezo
ti eras unha bacteria entón desas
con élitros ollazos que chuchaban a beira precámbrica
de centroeuropa
alá polo proterozoico
lembras?
hai dous millóns cincocentos mil anos
e estás igualiña

xa sei de que te coñezo
o teu colectivo era o único sedentario
así que o primeiro bronce fixéchelo
cun simple aceno neolítico
o teu campo todo era unha urna

xa sei quen es
es o home
a fin de contas
nada novo

María Eloy-García

Tradución ao galego de Estíbaliz…Espinosa

4 pensamentos sobre “algúns textos nucleares de xente que escribe agora mesmo [traducidos a galego]

  1. Non puiden substraerme da imaxe desta entrada.
    E non fun subindo andares para ver onde cohabitan virtudes con necesidades.
    E que a cara de satisfacción da que lle da lume á soldadora…non se paga nin coa MasterCard.
    (E perdón polos puntos suspensivos, que din que os tés rexistrados).

  2. atopada logo de moito desbrozar e mondar montes de fotos aquí

    Rexistrar os puntos suspensivos… mire, non é mala idea para a crise. Lémbrame a un episodio de Camera Café no que a dous da oficina se lles ocorre rexistrar o botixo pero cun aire posmoderno.

  3. ¡Al contrario! Perdona tú porque fue el primer día que salgo en mucho tiempo sin que sea a médicos o pruebas, iba con prisas y tenía tres conversaciones a la vez, y quería decirte algunas cosas pero me lié, te pido disculpas y espero decírtelas en otro momento en persona, aunque por aquí te adelanto una de ellas: ¡qué guapaaaaaa!
    Besitos.

  4. Por cierto, no creas que tengo abandonado tu sitio, que lo tengo; los tengo todos y es que ahora “no puedo”, pero podré, podré…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: