NUNHA ESTACIÓN DE METRO
Poema de Óscar Hahn, en Versos Robados, Visor, 1995
Tradución de E…E
Desventurados os que albiscaron
a unha rapaza no Metro
e namoraron de súpeto
e seguírona coma tolos
e perdérona para sempre entre a multitude
Porque eles serán condenados
a vagaren sen rumbo polas estacións
e a chorar coas cancións de amor
que os músicos moinantes entonan nos túneles
E se cadra o amor non é máis ca iso:
unha muller ou un home que descen dun carro
en calquera estación de Metro
e escintila uns segundos
e perde na noite sen nome

FANTASMA EN FORMA DE CAMISA
de Óscar Hahn, Poemas de amor, LOM ediciones
Tradución a galego de E…E
Estiven todo o día entre a túa roupa sen lavar
disfrazado de camisa sucia
Sentinte acugular a artesa de auga
e abrir a caixa de deterxente
Vinte axeonllada fronte a artesa
a refregar as prendas unha por unha
E agora é que sinto as túas mans abraiadas
e os teus ollos cravados en min baixo da auga
porque mesmo que raspas e arrelúas e esfregas
non dás quitado o sangue do meu costado
Extraordinarios poemas. Sobre todo o primeiro. Creo que vivín esa experiencia moitas veces. Canta verdade en tan poucas liñas!
Si, coincido. Hai moitos anos lin ese libro de Hahn. O único que lembraba case liña por liña era o poema da estación de metro. Moi certeiro.