texto de ubre porteña

A finais dos 90 coñecín a Ducid, exercendo [el] de arxentino. No Crápula, bar como era de esperar tan crápula coma lóbrego -e probablemente máis palabras esdrúxulas que non se me ocorren-, este suxeito predicábase na nobre arte do monólogo, monólogos na prehistoria do monólogo. Las novias quieren ir a ver al argentino que habla, sinalou unha vez. Termaba dunha Estrella na man. O lugar era un espanto, unha noite dexerguei a silueta dunha cascuda. Tiña o espeluznante encanto dos espantos. Aquel local.

Ducid ocupaba por entón o mesmo nicho ambientocultural que Tim Behrens, pintor inglés, Samuel, debuxante e deseñador coruñés, Branda, pintor herculino, ou Pablo Gallo, pintor burgalés-coruñés, entre outros. Todos parabamos pola Nova Pataca antes de enfiar cara ao Patachim.

Ducid desapareceu un tempo, disque volveu a Bos Aires. Logo reapareceu. Un día contoume que estivera na Patagonia. Que era outro planeta a Patagonia. Ventos siderais. Na. Patagonia. Alguén revelou cousas do seu pasado. Turbias. Sabiamos que Ducid era tan inquieto e elocuente como só pode selo un arxentino, a partes iguais boludo e pelotudo e, como norma vital, argalleiro. É incrible a fe que ten este home nas artes, sempre entendidas por el á maneira clásica, id est: marxinais e lumpen. Nunca verán a Ducid organizando un congreso de nada ou chocando as mans co político de turno. Nunca verán a Ducid embolsándose cartos públicos ou gañando concursos amañados. Nunca verán a Ducid antes das 5 da tarde. Posiblemente, nunca verán a Ducid. Non, Ducid ten unha reputación que manter e unha coherencia artística que alimentar.

Ese foi o primeiro e quizais único tipo de arte literaria que coñecín.

Quen profesan
que a ecuación
traballo=benestar
está vixente
son aqueles
que lle esixirían

sobriedade a Dióxenes
sensatez a Copérnico
puntualidade a Miguel Anxo
currículum a Mozart
boa presenza a Cyrano
o virgo a Xoana de Arco

outorgándolle como remate
o emprego a Felipe II.

Evito o século XIX
[e nen falar do XX]
para demostrar
o que será lóxico no XXII,
aínda que demasiado tarde.

José Luis Ducid, Leche seleccionada. Adicionada de leche en polvo, reconstituida, entera, pasteurizada, homogeneizada, Ed. Tristram, 1996

tradución ao galego de E…E

Ultimamente, Ducid foi visto na presentación do Libro del Voyeur, de Pablo Gallo e editado por Ediciones del Viento, un obxecto de luxo macedónico no que el colabora.

Na presentación non quixo sentar na mesa nin ler o seu texto. Gravou o evento cunha cámara á que pegou un tubo de cartón no obxectivo, de modo que a imaxe ficase encerrada nun círculo de ollo de pechadura, similar aos debuxos de Pablo. Unha especie de voyeurcam. Non sei se patentou o invento, sospeito que non.

5 pensamentos sobre “texto de ubre porteña

  1. Grazas polo pequeno mimo que é deixar un comentario.

    E iso que como anfitriona deixo bastante que desexar, Alberto! :+ [non sei se este emoticón significa algo, quería poñer outro]

  2. ¡Ponga un Bukowsky en su última presentación!

    ¡Por todos los santos bebedores!, a estas alturas te creía más perspicaz, miña rula:

    1º) Post sobre José Luis González Ducid ornamentado con una estampita de Chinasky…
    2º) Traducción entusiástica de una falsificación…
    (es increíble la fe que tiene este hombre en el arte del Tocomocho)
    y 3º) “Nunca verán a Ducid embolsándose cartos públicos ou gañando concursos amañados”.

    Hacía mucho que no me reía tanto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: