Analxésico que alivia as dores ocasionadas pola carencia ou inconsistencia dunha Trama.
Recomendado a escritores/as con Fe nos Nobelos. A parellas que ignoran como rematar unha Historia. A indecisos que non acertan co primeiro paso cara á Primeira Palabra.
A humanos con fe en que toda Causa conleva necesariamente unha Consecuencia.
A quén non.
Como farmacéutica, (a verdade é que) non ten prezo,
O de tramadol (trama-dol) está moi ben. Tramae dolorem, a dor da trama, a dor do tecido, da rede.
En fin, non quixen molestala cos meus comentarios. Só dialogar un pouquiño. “Sin acritud”, como dicía Felipe González.
Si, teño un prezo: 1000€ por receita.
Molestia ningunha.