casa de citas XXVI

Para facilitar a transición a este entorno completamente novo [terra firme], os animais inventaron unha enxeñosa argucia: levaron consigo o seu medio anterior para a súa descendencia. Ata os nosos días a matriz animal simula a humidade, flotabilidade e salinidade do antigo medio mariño. Máis aínda, as concentracións de sal no sangue e noutros fluídos corporais dos mamíferos son notablemente parecidas ás dos océanos. Saímos das augas oceánicas hai máis de catrocentos millóns de anos, mais nunca deixamos atrás a auga de mar; segue a estar no noso sangue, a nosa suor e as nosas bágoas.

Fritjof Capra, La trama de la vida

[tradución de E…E]

Lendo isto na incrible praia de B. o día da P. G. neste ano X., lonxe de todo mundanal r., acabei por preguntarme cómo tería glosado W. Ch. a frase final deste parágrafo.

Xa sei que xa sabiamos todo isto que nos conta Capra, pero non contado así. Dende a súa perspectiva, unha definición de ser humano é a de cápsula oceánica. Szymborska cualificáranos nun poema como os bastardos dun cristal. Pareceume moi estimulante considerar á raza humana dende ese prisma: bastarda dun cristal. De súpeto tiñamos moito que ver co inerte.

Calquera dos dous xeitos de cualificarnos contribúe a nos deshumanizar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s