Fragmento de Chamada aos malos poetas, de Rodolfo Fogwill
[…]
Á caza do home,
por fame, corren todos, saltan
da cuadrícula e son zampados.
Todo iso abonda: faltan os poetas,
os mil, os dez mil malos, cada un
armado co seu libro de merda. Faltan,
os seus ensaíños e as súas “novela en preparación”.
Ah.. e os curricola,
e os seus dez mil applys fáltannos.
Non é a morte do home, é unha grande ausencia
humana de malos poetas. Que florezan
cen millóns de tentativas abortadas,
relecturas, incordios,
folios de cartolina, ilustracións
de xente amiga, ceas
con xente amiga, eséxeses, escolios,
tempo perdido como todo.
Necesítanse poetas gay, poetas
lesbianas, poetas
consagrados á cuestión do xénero,
poetas que canten á fame, ao home,
ao nome do seu barrio, á arte e á industria,
á estabilidade das institucións,
á mancha de ozono, ao buraco
da revolución, ao tallo agre
das mulleres, ao latexo
inaudible do pentium e á guerra
entendida como continuidade da política,
do comercio,
do lecer de escribir.
[…]
Tradución de E…E
