es chrysalis

A Olivetti Lettera adquirida por alguén da familia nos 70 axudoume,  a principios dos 90,  a escribir este poema dunha moza de provincias duns 17, cunha fe inquebrantable na escrita, os seus poderes sobrenaturais e etcétera.

O texto orixinal está en castelán.

Conmovede, oh, e soportádeo!

metamorfoses

Anxo cun inútil exceso de ás.
Neve caída para non remontar nunca.
Cousas, tantas, tidas por instantáneas.
Ríos que non son os mesmos ríos
mesmo que flúan no mesmo cauce.

Podedes encher de chumbo os soños nos que me derramo
esposarme
con algas enxertadas nas miñas veas máis azuis,
incrustar a vosa pedra estéril nas vidreiras
que me invento,
facer que no meu campanario
no soe xamais o bronce.

Porque vou chorar sempre polas mesmas cousas
que non son as mesmas cousas
vou chorar sempre.

Existe –dicídeme- existe morte
para a mutación da alma?

De ser humano a mineral
natureza, pedregullo ou magma sólido.
Pena rota dunha praia gris onde detivo Ulises,
restos dun navío, un bico fósil de ave,
o óso dun lobo extinto, dunha balea triste,
as primeras pedras golpeadas que revelou Prometeo.
Calquera obxecto inerte, suxeito ás entrañas mesmas
do tempo,
calquera íntima e denostada materia que nos sobreviva,
e que sempre encontrará lugar nas vosas bocas
ou sobre a vosa tumba,
vou ser.

Porque podedes lapidar a miña carne,
a tímida substancia dos meus sentimentos.
Pero os meus soños e todos os soños de
todos os homes
fraguan coa secreta alquimia dos feixes de luz
e participan, en esencia,
de océanos milenarios

inédito [circa 1991- 1993]

4 thoughts on “es chrysalis

  1. ¡Ola, moza!

    Eu tamén tiven unha Olivetti Lettera, miña rapariga, coa que ainda creía que podería escribir como me gustaría… Ao final quedou para o sentimento de frustración… e para facer os traballos do cole, que daquela non tiñamos internet coma vos,,, Onde ficará perdida; eu, que estou cerca do síndrome de Dióxenes: non tela xunto a mín é un pecado.

    (Seica se poidese e fixese os escritos coma o teu poema sería agora escritora; seino, seino).

  2. Ola Fauve, como vas?

    Os meus traballos do cole tamén ían en olivetti, e os da universidade! Internet no cole? Se non pasamos do MS-DOS!

    Lembra que eu aprendín a contar en pesetas, Fauve :]

  3. Na universidade tiñamos un ordenador… ¡porque o meu irmá estudiaba inxeñería informática! Era algo que non tiña ninguén… agás os fillos dos meus primos, todos ben pequeniños e xa manexando aquelo mellor cos pais. O MS-DOS xa o tiña no primeiro traballo serio -moi tardío, e alí paséi ao novo Windows que era tan bonitiño… e tamén a internet, que daba tanto medo🙂
    Os nenos de agora saen co pulgar feito aos chismes estes. Teño que mirar pra os de Y. 😀

    Estou ben, Estíbaliz, feliz pero fico moito na casa esperando a segunda… que será menor e pronto, e desexando rematar e poder facer por fin o que queira, ¡non podo nin crer que unha vida nova está ahí diante de mín! E morro porque chegue o momento de empezala, que non esquezo todo o tempo perdido que vou gañar agora… Coma si fora unha nena a víspera de Reis.

    E ti como andas, rapariga, espero que tan ben como eu te vexo sempre. Espero a túa visita!

  4. (Na universidade non, nos tempos da universidade e na casa. Na universidade nos ensinaban algo de informática ¡pintando no encerado!)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s