
Kallipareos. A das fermosas fazulas. Agora lembra. A palabra homérica escintila no seu libro. E alén diso, de súpeto cae na conta de todo o seu vocabulario grego, de todo o que semella terse gardado nun armario dende hai agora case seis meses. Porque xa non está a ensinar grego. Deixouno.
Iso é o que pasa. Apártalo durante un tempo e de cando en vez botas un ollo no armario na procura de calquera outra cousa e non tardas en lembrar, en pensar. Daquela converte en algo que está aí, no armario, e outras cousas amorean fronte a ese algo, no alto dese algo ata que, á fin, non pensas nela para nada.
Esa cousa que era o teu preciado tesouro. Non pensas nela. Unha perda que non es quen de advertir sen máis, agora convertida en algo que apenas lembras.
Iso é o que pasa.
Alice Munro, Destino, conto incluído no volume Escapada
Tradución a galego do orixinal
A tradución a castelán para RBA está ateigada de erratas e construcións estrañas. Nunha pasaxe doutro conto traducen a letra de Moon River –creo que tería sido mellor deixala en inglés, é un tema abondo coñecido, e se acaso inserir a tradución nunha nota ao pe– e chanta cousas como “mi arándano amigo” para traducir “my huckleberry friend”, cando se trata dunha clara alusión ao personaxe de Twain.