Esta tarde colaborarei con U-la! Radio, unha radio en vivo [si, radio en vivo] artellada e argallada e gargallada por Ducid [si, o arxentino que fala] e coa compaña de membros radiofónicos de luxo hertziano como Branda [si, o ilustrador que pinta en vivo aos vivos], Pulpiño Viascón [si, o que se di descendente do último pirata galego Benito Soto, capitán de La Burla Negra] e o seu acordeón e o seu serrucho [si, ese instrumento co que tamén podes matar a alguén sen moito esforzo e que, inconcibiblemente, non foi incluido en Bailaré sobre tu tumba de Siniestro], Miguel Ladrón de Guevara [si, un pirata e o outro ladrón, como debe ser] e a súa guitarra e a súa voz na que podes limar as unllas, Jorge Ricoy [si, el], Lochos [si, o artífice de vídeos quentes e caldos dixitais] ou Ruth Lilos [si, ela, a bailarina vibradora de ventre]. Toda esta xentalla e toda a súa parafernalia para definirmos, entre delirios e narcóticos, a palabra Soño.
Se alguén anda por Brión [si, o concello da Coruña preto de Santiago] ás 20:00 h. pode intentar deixarse arrolar na Casa da Cultura. É unha radio sen radio. É de balde. E haberá caldo.
[Si, caldo]
Oh!
pero que boa pinta!
xa me gustaría escoitalo.
Isto deixa ben claro que non era certo o de “video kill the radio star”.
biscos
ole esta especie de actualidad retrógrada en tiempo y espacio
saludos