as barbas a remollo

http://www.elpais.com/articulo/espana/Audiencia/Nacional/interviene/ayuntamientos/Coruna/elpepuesp/20110131elpepunac_6/Tes

Creo nas hecatombes.

Creo na fin deste Nouvel Ancien Régime.

Creo na corrosión total da política a base de lixivia.

Raro é cando coñezo a un político e non me visualizo dándolle a man a un señor [ou señora] feudal.

[E non temos idea de moitas cousas. Non temos idea de, por exemplo, a cantidade de cartos que lles deben non só a empresas e entidades diversas, senón tamén a particulares con alugueres, hipotecas, fillos, facturas e aforros diminutos investidos en protexerse desta caste tantas veces infausta.]

Lembro a miúdo dun libro que lera cando universitaria: http://www.entrelectores.com/libros/detalle/la-nueva-edad-media-umberto-eco-furio-colombo-francesco-alberoni-giuseppe-sacco

Ás veces a modernidade do sistema é seguir sendo vello e corrupto, mais adubiado con novas alucinacións colectivas e hologramas sobre a democracia.

Democracia. Que palabra funesta. Por completo oca. Coido que, aplicada ás dos séculos XX-XXI, sempre debería usarse en cursiva. Porque a democracia en redonda, a das polis gregas que así a bautizaron, non ten nada que ver con esta cousa que nos meten na boca mentres nos cantan arrorró.

Publicidade dunha funeraria

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: