count Dracula

Velaí a persecución: un blog, unha conta en feisbuk, unha conta en twitter, unha conta en tumblr, unha conta en flickr, unha conta en youtube, outra en vimeo, en paypal…

Cada conta, cada desconta.

2 thoughts on “count Dracula

  1. É a segunda vez que acabo vendo as tuas fotos no Flickr… Nom me perguntes como.
    O porqué talvez podo dizi-lo: gosto das cousas estrambóticas nas que introduzes as imagens que alguém tira de ti, sempre tam fermosa.
    Hoje venho por estas lembranzas infantis (como o Conde Drácula): http://www.flickr.com/photos/acriaturamecanica/3000223246/in/set-72157600500666200 e http://www.flickr.com/photos/acriaturamecanica/4588771124/in/set-72157600500666200.
    Eu também vim As aventuras do Príncipe Achmed da Reiniger! Nom tinha nem ideia! Graças por mo lembrar.
    Eu também joguei com tangrams desses… ainda que de seguro nom regalados por cereais alguns (disso de nena nom comia). Os meus nom vinham em troquel… e havia que compor figuras geométricas…. pode ser?
    A ver se algum te escuita cantar e resulta que és uma sereia…

  2. Ola, uma. Grazas. A verdade é que a de Reiniger eu xa a vin de adulta, é marabillosa. O do Tangram si é un rescate da nenez. En efecto, a cousa era compor figuras xeométricas con nove pezas, polo menos nese dos cereais. En canto ao de serea… agradézollo, pero coido que eu sempre tirei máis a cefalópodo. A última vez que fun serea foi en Peter Pan aló polo 98, por teatros e salas, cunha cauda estupenda e unhas bolas azuis enredadas nunha perruca quilométrica – non gardo ningunha foto daquela-. Pero abofé xa medramos. Fíxese que o actor que encarnaba a Peter Pan hoxe é alcalde polo PP. E o resto… o resto debe de andar por Nuncaxamais.

    En fin, xa que o tema me trouxo ata aquí… vivan os Nenos Perdidos!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s