casa de citas XLII

Non parece existir a filosofía ata que de súpeto se volve cara aos filósofos e saen todos arrastrándose da súa cova, palpebrexando para se quitar as lagañas de tearaña. O sistema creba e a filosofía existe. Ou, polo menos, as terminacións nerviosas da filosofía, a política. De súpeto, facemos preguntas que riscan no fondo, na base, no sustento social: Como se cambia este sistema? Como se desmonta este moble ikeo da democracia, cos seus parafusos corruptos e as súas portas que unicamente abren para un 1%?

Os filósofos -ou o que queda deles tras o centrifugado da sociedade do espectáculo- converten de novo en voces do foro, en palabras levitando sobre o ágora, e alguén deixa o iPad un momento para volver os ollos cara a eles, alguén escoita e semella interiorizar o que din, alguén reproduce as súas palabras nunha páxina virtual e cre, por un instante, na capacidade de transfiguración da faz da terra.

There’s something wrong in the world, where you are promised to be immortal but cannot spend a little bit more for healthcare.

Algo vai mal nun mundo no que che prometen a inmortalidade pero non se pode gastar un chisco máis en sanidade.

Slavoj Zizek, en Occupy Wall Street, via Fuera de lugar

3 thoughts on “casa de citas XLII

  1. Moi bo. Gracias pola conexión cos videos. Non sabia que Zizek andaba tamen nestos asuntos. Ainda así, por pura curiosidad. Qué opinión che merece o que di? [non só nos videos, tamén nos libros.] Coido que eu non dispoño da suficiente materia verde como para seguir [e encontrar!] as suas teses.
    Un saúdo criatura mecánica!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s