Para un vindeiro libro colectivo de poemas fun convidada a pensar co sangue. Unha das partes posibles desa analítica final podería ser esta:
/ 5 harakiris vasculares /
nubes que corren
Sentir unha punzada
no ovario esquerdo
enigma ao aire:
tres pingas rubias na
neve sen rastros
nadando os nosos
capilares irmandan
con rastas de algas
bragas caídas
E bocas de grosella
sen se saciar
a páxina que
lía cando os miolos
lle rebentaron
E…E. Río
