Temas obsesivos.
Capas superpostas, cada unha coa súa melodía.
Porcallada acústica, nebulosa noxenta de guitarras.
Tamén en literatura nos interesa ese efecto.
Alguén do grupo dixo nunha entrevista que este tema, Rano Pano, parecía unha reunión de Teleñecos cantando. O bo dos Mogwai é que alivian a densidade existencial dos seus temas con aparentes intrascendencias que saben a trasnada infantil.
A frase que dá título a esta entrada foi extraída dun dos Dez pequenos tratados de Pascal Quignard recollidos no volume O odio á música.