Manuscritos de Marilyn Monroe, extraídos de Fragments: Poems, Intimate Notes, Letters.
Tradución de E…E…Río
coa colaboración de Mar Laredo Cordonié e Jose Fernández Cid.
Con franqueza, hai algo voyeur aquí, unha vez máis. A cuestión é que non se trata de textos que teñan a vontade de seren expostos, publicados. Non son textos en si, todos os seres humanos alfabetizados escribimos cousas semellantes en papeliños, marxes de apontamentos, dorsos de documentos, sobres para tirar e, cando os teléfonos nos obrigaban a ficar nun lugar enguedellando un cable cos dedos, nas libretas que adoitaba haber sempre a man. Non son textos en si, probablemente ela nin sequera os relería e pode que nin os lembrase. Pero portan a marca do azaroso, da pulsión que é e non é. O resplandor do misto dunha existencia un segundo antes de nos queimar os dedos.
E saben a intimidade roubada. Algo que aínda, como humanos, nos ruboriza.
Marilyn Monroe escribe:
Só uns anacos de nós algunha vez
tocaránsópartes de outros:
esa é realmente a única certeza propia: a única certeza propia.
Só somos quen de compartir a parte que estáse comprendedentro do
coñecer aceptable do outropara
o outro:por tantoasí que un
está na súa maior parte só.Como se espera que estea evidentemente
na natureza: no mellor dos casosa travésquizais faría posible
que o noso entendemento
sacase á luz a soidade doutro.
Cunha letra algo diferente, Marilyn escribe:
pedras no camiño
de todas as cores
fito para vós
comoestes opara un horizonte
o espazo/ o aire fica acenando entre nós
e eu estou moitos andaresademaispor enriba
teño os pés arrepiados
desde o meumentres me agarroporcara a vós
Nunha axenda, Marilyn escribe:
sente o que eu sinto
dentro de min mesma – é dicir, tratar de
decatarse diso
tamén o que sinto noutros
que non se avergoñan dos meus sentimentos, pensamentos -ou ideasdarse de conta de que
eles existen
Marilyn escribe:
Vida –
pertenzo a ambalasdúas túas direccións
Vida
Dalgún xeito ficar en pendente á baixa
sobre todo
pero forte como unha arañeira no
vento -existo máis co frío do carazo que fulgura.
Pero os meus raios perlados levan as cores que
eu vin nun cadro -ah, vida,
enganáronte.
E Marilyn escribe:
Ah, que leria, oxalá estivese
morta -nonexistir en absoluto-
fóra de aquí -de
todas partes pero como íafacelo
Sempre hai pontes – a ponte
de Brooklyn –non, a ponte de Brooklyn non
porque
Pero adoro esa ponte (vese todo precioso dende alí, co aire tan limpo) percorrela
é
agradablealímesmo con todos eses
coches a tolearen por abaixo. De modo que
tería que ser nalgunha outra ponte
unha fea e sen vistas -agás
Persoalmente, gústanme en xeral todas as pontes -teñen o seu
aquel e alén diso nunca
vin ponte que fose fea.
Máis traducións aquí: https://estibalizespinosa.com/traducions/