«She like singing and also story». Unha alma xémea de case todos nós [a quen non lle gusta singing and and also stories?] vive en Bhutan, non ten moito máis de dez anos e colleuna, mesturouna e servíunola axitada non remexida o fabuloso POGO:
Un dos meus favoritos deste chef de refritos rustridos [mashups en tecnicismo] ademais de Upular, sobre Up, é Bloom [«Did you hear that, Samson? Beautiful!»]:
Este é POGO, australiano a quen, por certo, malia esnaquizar media filmoteca ianqui e ter pinta de presentador dos 50 neste vídeo, se lle prohíbe a entrada en USA nos vindeiros dez anos por cuestións de ilegalidade nos visados. Como a tantos. Make a wish and reach the wizard, Wizard of Meh:
Bailando pogo cun neno de 6, dándonos contra mobles, a chorrearen libros e papeis.