День Космонавтики

Hoxe é, un ano máis, o Día da Cosmonáutica e coido que si, que desta vez por fin vou tomar un ruso branco, como o que toma O Nota do Gran Lebowski ou, polo menos, como o que pide Catwoman [sen vodka, sen kahlúa e sen xeo; ou sexa, leite só]. É o día de Yuri Gagarin e tamén, por que non, o día das dúas labregas arrepiadas coas que se atopou ao descer en paracaídas do seu periplo orbitando a Terra a bordo da Vostok 1, e das nunca soubemos máis [Anna Tajtárova e a súa neta Rita, segundo wikipedia].

Dende o  Поехали! «imos aló» do despegue de Gagarin até o «Non teñades medo, son un dos nosos, son soviético» da aterraxe no medio dos campos rusos, pasando polas súas históricas frases aló arriba: «A Terra é azul» e «Salvagardemos esta beleza, non a destruamos». Era 1961. A nosa nai ten 21 anos, os mesmos que John Lennon ou J. M. Coetzee, acababa o período da Grande Fame Negra en China, en xullo ía suicidarse Hemingway e Marilyn divorciaba de Arthur Miller sen coñecer a Fraga Iribarne, que ese ano comeza o seu ominoso ascenso pese a dispararlle no cu á filla de Franco, mentres en Venezuela aprobábase a Constitución do 61 e os policías de tráfico [os «guardias» cos que ás veces se ameazaba aos nenos rabudos] presentaban este solitario aspecto no medio dos Catro Camiños da cidade da Coruña http://img329.imageshack.us/img329/4911/10ek1yw1.jpg

«Planet Earth is blue and there’s nothing I can do», cantou 8 anos despois Bowie, vestido de rigoroso astronauta.

Outras entradas vencelladas [é o novo Se che interesou…quizais poida interesarche…]:

2009: https://estibalizes.wordpress.com/2009/04/13/diriase-que/

2011 https://estibalizes.wordpress.com/2011/04/12/tsiolkovki-rules/

2012: https://estibalizes.wordpress.com/2012/04/12/12-de-abril-dia-da-cosmonautica/

One thought on “День Космонавтики

  1. Pingback: feliz día da Cosmonáutica- Yuri Gagarin e Emily Dickinson | [... mmmm...] ✍ a tinta é enerxía escura :: literatura e placas Petri en galego

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s