«podo lanzar raios dende cada recanto do Universo…»

Benquerida Mamá,

Debo darche a opinión exacta que teño sobre as miñas propias capacidades e a miña mente, resultado dun máis que certeiro exame de min mesma con vistas aos meus plans futuros durante os vindeiros meses. Coido que posúo unha singular combinación de cualidades ensambladas con precisión para me converter preeminentemente nunha investigadora das realidades ocultas da natureza.

[…]

En primeiro lugar: debido a algunha peculiaridade do meu sistema nervioso, percibo certas cousas coma ninguén o fai –ou de haber alguén, han ser poucos-. Esta facultade podería denominarse como un tacto especial, ou habería quen o chamase unha percepción intuitiva do inadvertido –é dicir, das cousas inadvertidas aos ollos, oídos e os sentidos correntes…- Con isto nada máis, contaría cunha escasa vantaxe  no eido dos descubrimentos pero cómpre ter en conta, en segundo lugar, a miña grande facultade de razoamento. En terceiro lugar: a miña capacidade de concentración, e con ela refírome non só ao poder de deitar toda a miña enerxía e existencia en calquera escolla, senón tamén a poñer en relación calquera materia ou idea cun vasto aparato formado por toda clase de recursos en aparencia irrelevantes ou non pertinentes. Podo lanzar raios dende cada recanto do Universo nun único e amplo foco.

Orabén, estes tres poderes (non me resisto á maldade de os chamar a miña investigadora ou científica trindade) constitúen un vasto aparato que a Providencia puxo en min; e han ficar comigo ao seu ritmo durante os vindeiros vinte anos para eu fabricar a máquina que quero. Pero a présa ou unha ambición sen mesura arruinaríano todo.

Ada Lovelace

Tradución ao galego de Estíbaliz…Espinosa

tumblr_meud24blTp1ruf3ijo1_r5_500

Esta é un fragmento da carta que Augusta Ada King, condesa de Lovelace, analista, matemática,  filla de Byron e unha das avoas da programación, escribe á súa nai dando conta dos seus propósitos tras un exame sobre si mesma e os seus talentos.

Santa Ada Lovelace, infúndenos esa seguridade en ti mesma que a tantas nos dá fallo cada pouco!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s