Un destes supostos príncipes do suposto séquito do suposto Emperador de Abisinia é Virginia Woolf. Como xogo de verán, podedes entretervos en adiviñar cal deles é ela. E logo de mergullarvos nas ondas estivais, mergullarvos no por que de todo isto que acontecía hai 103 anos. Via http://www.openculture.com
O Rule Britannia que algún inda teiman en cantar daquela xa se afundía… Unha táctica moi intelixente para deixar en evidencia.
*que algúns inda teiman en cantar.
Certo, Xanti. Non sei se realmente todo comezou como unha broma de escritores de clase alta para oficiais de clase alta [un dos oficiais que recibiu á comitiva coñecía a Virginia Woolf, daquela aínda Stephen], pero as repercusións foron as de mofa, befa, sorna, escarnio e maldizer. Para a Mariña Inglesa, claro.
Rule Britannia, rule the waves!
Quen pode asegurar que The waves da Woolf non é unha continuación da broma! -isto é broma-.
Máis sobre o coñecido como Dreadnought hoax: http://es.wikipedia.org/wiki/Dreadnought_hoax
Iso tamén fai que me lembre dos Waterboys e o seu Old England is Dying,cando di aquelo de “still he sings an empire song, still he keeps his navy strong, and he sticks his flag where it ill belongs. Old England is dying” mofándose precisamente da xente que aínda cantaba cancións como o Rule Britannia. Grande Mike Scott, e grandes as súas letras tamén. Virginia Wolf é unha asignatura pendente que teño. Grazas polo link.