O sábado 20 andarei ás intemperies con Maite Dono, voceando augas Castela adiante. Será dentro da ExPoesía, que vive fóra e bota por fóra e vai por Soria. Na Feira do Libro con El Gaviero que otea.
Non levo a Gabinete Caligari na BSO do coche nin a Machado na maleta. Mal karma?
Non ides estar por alí case fixo. Pero se cadrase, un enarcar de cellas como saúdo. Intemperiándonos.
O programa da Feira bordea o desbordante. Leva con actos dende o martes 16, con Mestre, Gamoneda, Claudio Rodríguez Fer, Xavier Frías, Manuel Rico, Orihuela, Paz Cornejo, Oscar Santos… Podedes botarlle un ollo aquí PROGRAMA VI FERIA
Apetece Soria, mesmo que non vaia aparecérseme fría e moito menos pura. Xa me vou sentindo moito máis expoeta que poeta. E aínda non partín.