…podes ver menos do 1% do espectro electromagnético e oír menos do 1% do espectro acústico. Mentres les isto, viaxas a 220 quilómetros por segundo a través da galaxia. O 90% de células do teu corpo conteñen o seu propio ADN microbiano e non son «ti». Os átomos do teu corpo son 99,9999999999999999% espazo baleiro e ningún coincide con aqueles cos que naciches, pero todos orixináronse no ventre dunha estrela. Os seres humanos teñen 46 cromosomas, 2 menos que unha pataca común. A existencia do arco da vella depende dos fotorreceptores cónicos dos teus ollos; para os animais sen conos, o arco iris non existe. Así que non te limitas a ollar o arco iris, ti créalo. Non deixa de ser abraiante, tendo en conta que as preciosas cores que ves representan menos do un 1% do espectro electromagnético.
Meme anónimo de pola rede adiante
