/ O encontro /
Todo o tempo mentres que eles charlaban da nova moral
Ela explorábame cos ollos
E cando levantei para marchar
O seus dedos foron coma o tacto
Dunha servilleta de papel xaponés
Ezra Pound
Trad. E… E

/The encounter/
All the while they were talking the new morality
Her eyes explored me.
And when I rose to go
Her fingers were like the tissue
Of a Japanese paper napkin
Ezra Loomis Pound [1885-1972]
Este poema podía ter sido escrito mesmamente nunha servilleta de papel. O que me parece un grande acerto, ademais da textura do papel xaponés aí metida, é o tema da conversa no que se desenvolve: a nova moral.
Esa dobre vida que nos vai matando.
Tissue é a palabra que se me queda mirando dende o poema orixinal, un pouco disconforme. Inclineime por traducila por «tacto», logo de desbotar «tecido» [demasiado técnica] e «textura» [demasiado dura]. Mais me consta que a tradución perfecta non é.