A lucidez perigosa
Clarice Lispector
Estou sentindo unha claridade tan grande
que me anula como persoa corrente e común:
é unha lucidez baleira, como che diría?
así como un cálculo matemático perfecto
o cal, sen embargo, falla non fai.
Estou por así dicilo
vendo ás claras o baleiro.
E nin entendo aquilo que entendo:
pois estou infinitamente maior ca min mesma,
e non me alcanzo.
Alén diso:
que fago coa lucidez?
Sei tamén que esta miña lucidez
pódese tornar o inferno humano
-xa me aconteceu antes.
Pois sei que
-en termos da nosa cotiá
e permanente adaptación
resignada á irrealidade-
esa clareza de realidade
é un risco.
Apaga, logo, a miña chama, Deus,
porque ela non me serve
para vivir os días.
Axúdame de novo a consistir
dos modos posibles.
Eu consisto,
eu consisto,
amén.
Tradución de Estíbaliz Espinosa
versión en castelán pinchando aquí