porno- Dorothea Lasky

Hai uns días, The Paris Review publicaba un avance de Rome, vindeiro poemario de Dorothea Lasky, poeta norteamericana á que coñecín pola antoloxía bilingüe Vomit, de Luna Miguel editada por El Gaviero; Lasky abre o libro e gustoume especialmente por darse aos versículos longos nesta era na que todo o mundo busca con obstinación o poema máis curto do teu poemario para citarte. «Que hai présa e sodes moitos», parece querer dicir o xesto.

O porno congrega atención. Aínda. Parece mentira. Non parece gastarse nunca. Pero algo vai gastado. Algo do porno vai gastado. E quedeime con esa impresión no poema titulado Porno desta poeta do medio oeste [Saint Louis, Missouri, 1978]. O porno convoca. E, ao mesmo tempo, algo nel disloca. Porno e poema tampouco están tan lonxe [ou quen nos dera!]. Un poema mesmo pode dislocarnos máis.

Estar atrapado dentro do poema, unha sensación que nos soa. «Estás atrapado dentro do meu texto. Pero non dentro da miña vida.» Ou si. Talvez era que si, engadiría hoxe, dándolle a maniña á Lasky, de Saint Louis, Missouri.

[nota mental: traducir a galego Unhas palabras sobre pornografía, da Szymborska e bailar as tres como as Tres Grazas]

A versión en castelán de Porn apareceu na revista Playground, tradución de Pedro Miguel.

Porno

Dorothea Lasky

Tradución de Estíbaliz Espinosa

Toda clase de porno é horrible
Vin unha muller foder cun xornaleiro
Na súa cociña de mármore, coas amigas aí mirando
A película chamábase Festa de Divorcio
El co seu pirolón entre as coxas delgadiñas
E as amigas berrando, Nah, tía, agora es libre

Pero diso nada, ela está nunha peli
E agora dáseme por chorar
Porque o home paréceseme a un ex mozo
Ou ao meu irmanastro
Ao meu xefe
A un monstro
Alguén que me deixou nas sombras
Alguén que me ensombreceu
Un millón de veces

Fodín só con 7 tipos na miña vida
Pero teño visto máis porno do que ti verás na túa
Horas e horas
Unha muller e un can
Tres mulleres
Unha froita peluda
Catro a catro patas
Vómito e sexo
O insignificante
Dun rizo
En movemento

Vexo porno
Porque non namorarei nunca
Agás de ti, benquerido lector
Que pensas que me rindo
Pero quen diría que esta estrofa non é porno

Con intención e mala hostia
As miñas amigas dinme que son libre
E si, vai ser que o son
Pero ti, o es?
Non, non o serás nunca
Téñoche ben apreixado
Téñoche aquí no meu cuarto
Unha vez máis

tumblr_muvpciyL3k1qz6f9yo1_500

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: