Museo de Cancros
(Por iso amputarán os teus pés. Por iso selarán os teus ollos con anacos de mapas antigos. Por iso pronunciarán o teu nome na celebración do páncreas. Comprendes? Por iso o útero é máis escuro -intestino e córnea-. Por iso amputarán o rezo. Comprendes?)
-Luna Miguel Santos: viva / cancro de azucre
-Ana Santos Payán: viva / cancro de mamá
-Pedro Miguel Tomás: vivo /cancro de saúde
-Chus Tomás: viva /cancro de paciencia
-Pedro Miguel: morto / cancro de avó
-Mercedes Payán: viva / cancro de soidade
-Manolo Santos: vivo /cancro de familia
-José Ángel Valente: morto / cancro de luz
-Roberto Bolaño: morto /cancro de probabilidades
-David Foster Wallace: morto /cancro económico
-Marcel Schwob: morto /cancro de sífile
-Antonio J. Rodríguez: vivo /cancro de Europa
(Por iso dóeme, sabes? Por iso dóeme o sangue: porque está fóra. E dentro non doe e fóra mata. E dentro non manca e fóra asusta. Que intenso o sangue. Que perigoso. Por iso dóeme, entendes? Enténdelo?)
-Daniel Clowes: vivo /cancro pantasma
-Clarice Lispector: morta /cancro de audacia
-Alejandra Pizarnik: morta /cancro de gaiola
-Miguel Hernández: morto /cancro de lúa
-Jorge Luis Borges: morto /cancro de viúva
-Michel Houellebecq: vivo/ cancro de pene
(Por iso non existo. Xa marchas? Por iso ao curarnos todos nos fugamos. Quen fica? O peor. Onde?)
-Antonin Artaud: morto /cancro de tolo
-TS Eliot: morto /cancro fenicio
-Eduardo Cirlot: morto /cancro de Astarté
-Édmond Jabés: morto /cancro de Exipto
-Antonio Machado: morto /cancro de Leonor
-Vladimir Nabokov: morto /cancro de lume de cancro de entrañas
-Thomas Pynchon: vivo/ cancro de rostro
-Sharon Olds: viva /cancro de satanás
-Dorothea Lasky: viva /cancro de leite
-Virgina Woolf: morta / cancro de auga
(Por iso afogo. Por iso non entendo o amor. Por iso non caio enferma. Por iso só enfermo. Sabes? Só enfermo.)
-Charles Baudelaire: morto /cancro de feo
-Arthur Rimbaud: morto /cancro de elefante
-Paul Valéry: morto /cancro mariño
-Joyce Mansour: morta /cancro de muller
-Paul Élouard: morto /cancro azul
-Lysiane Rakotoson: viva /cancro de neve
(Por iso estas manchas. E esta pel. Como unha cicatriz eterna extendida e branca, a miña pel é cicatriz, a miña pel é o cordón umbilical entre a lingua e as axilas. Por iso estas manchas vermellas. Por iso estas manchas negras. Por eso o arrecendo a froita: a lingua, as axilas)
-Emily Dickinson: morta /cancro de cona
-Anne Sexton: morta /cancro de cona
-Anna Ajmátova: morta /cancro de cona
-Sylvia Plath: morta /cancro de cona
-Marina Tsvetáieva: morta /cancro de cona
-Javier Marías: vivo /cancro pesado
-Enrique Vila-Matas: vivo /cancro de Enrique Vila-Matas
-Gonzalo Torné: vivo /cancro espía
-Rodrigo Fresán: vivo /cancro inquietante
-Tao Lin vivo /cancro MDMA
-Ben Brooks: vivo / cancro cervo
-Unai Velasco: vivo /cancro 1990
(Por iso vomitaba, enténdelo? Por iso a bulimia daqueles meses intentando adelgazar para dar mágoa, intentando enfermidades impregnadas de non sei que. Intentando a literatura. Por iso vomitaba, lembras?)
-Ana Santos Payán: viva /
-Ana Santos Payán: viva /
-Ana Santos Payán: está viva /
Luna Miguel, de La tumba del marinero, La Bella Varsovia, 2013
Tradución de E..,E