vinganza- Sparklehorse&Danger Mouse

Pido perdón a todas as persoas que agardan artigos e outras cousas de min estes días, que son moitas. Teño tal tensión enriba polas encargas que o meu xeito de liberala é procrastineando a través de traducións inesperadas, que me pide o corpo de repente, unha especie de compulsiva masturbación mental.

Os artigos seguen adiante tras a breve pausa 🙂

Vía Alberto Olmos escoitei en twitter este tema de Sparklehorse e Danger Mouse. Lembroume a Pink Floyd, neses filtros na voz, mais tamén na melanco, como di Carlo Padial [a quen non coñezo de nada, por certo].  Pink melanco ou algoasí. Non sabía deles e, do pouco que fun escoitando en internet, tanto Danger Mouse como Mark Linkous [líder e único membro permanente do proxecto Sparklehorse] parécenme bos músicos, sobre todo polas letras. Sparklehorse suicidouse hai 4 anos en Knoxville, Tennessee, dun tiro no peito.

Feito que ten que ver, pero á inversa, co que se di en Revenge.

Revenge é unha canción espléndida. Tamén a letra o é. De aí a ansia por traducila.Teño as miñas dúbidas en expresións como «destroy upon command»; ou pensarei mañá aínda nunha equivalencia máis axeitada dun verbo tan compacto como «backfire» sen que se perda a suxestión de arma de fogo, por non desentoar coa violencia da letra toda.

Revenge. Vinganza ou Rancor? Non me decido. En calquera caso, for o que quer que fose, sobrecolle escoitar palabras tan certeiras sobre as consecuencias de querer facer dano, dano de verdade. Ese abatemento ante o que non queremos facer, pero facemos. Sen saber cómo, facemos.

«Me da con su tristeza en la cabeza», que diría César Vallejo.

:: vinganza :: 

Sparklehorse& Danger Mouse [coa colaboración de The Flaming Lips]

Tradución de E…E

A dor
supoño que é un asunto de emocións
Pero como quer que fose
tes xeitos de evitala de todo

Na miña cabeciña
eu xa che disparei e acoitelei ben no peito
Non caín na conta
de que logo vén o rebote

Porque non podes esconder
as intencións
Brillan na escuridade
Unha vez que procuraches
o camiño de vinganza
non che hai xeito de parar
E canto máis trato de mancarte
máis me manca a min

Curioso
semella unha mutación do carácter
Malia ter todo na miña man
para facerche unha putada das boas
non podo obrigarme a min mesmo
a destruír por encarga
É como se o perdón
botase o mal a perder

Non, non es quen de esconder
as intencións
Brillan na escuridade
Unha vez que nos volvemos
todo iso que tememos
non hai xeito de paralo
E canto máis dano intento facerche
máis me sae o tiro pola culata
o tiro pola culata
o tiro pola culata
o tiro pola culata

432236-bigthumbnail

:: Revenge ::

Sparklehorse& Danger Mouse [featuring The Flaming Lips]

Pain
I guess it’s a matter of sensation
But somehow
You have ways of avoiding it all

In my mind
I have shot you and stabbed you through your heart
I just didn’t understand
The ricochet is the second part

Cause you can’t hide
What you intend
It glows in the dark
Once you’ve sought
The path of revenge
There’s no way to stop
And the more I try to hurt you
The more that it hurts me

Strange
It seems like a character mutation
Though I have all the means
of bringing you fuckers down
I can’t make myself
To destroy upon command
Somehow forgiveness
lets the evil make a loss

No you can’t hide
What you intend
It glows in the dark
Once we become
The thing we dread
There’s no way to stop
And the more I try to hurt you
The more it backfires
The more it backfires
The more that it backfires

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: