agardando en van

Ninguén que diga de si mesmo que está na vangarda de algo pode estalo realmente.

Cara a suposta vangarda, de existir, vaise so. É dicir, vaise case inconsciente: non se ve nada por ningures, nada por diante, mesmo nada por detrás. Non pode saberse con lucidez se iso será a vangarda ou un abismo hostil. Un deserto de referenzas. Un deserto de nomes.

A vangarda, de existir, é só un eslógan máis. E unha preocupación menos.

[hai 4 anos publiquei isto: as miñas células cambiaron, moitas xa son outras; as bacterias que conforman o meu eu, xa cambiaron; os meus virus, enrugas, lunares de familia, unllas, pestanas, pelos de todas partes, células do pulmón, pedras da vesícula, cilios da gorxa, pelellos de epiderme, flores do ril, silvas do intestino, chorimas tras os globos oculares, herba da lingua… todo xa me cambiou centos de veces dende entón. Mais o vieiro antigo que conecta unha neurona con outra para seguir pensando o mesmo, non cambiou  nadiña.

E, para ben ou para mal, sigo pensando o mesmo]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: