aquófono de bambú para escrita no ceo

BUPhddQCEAMrH3J

Esta tarde, ás 18:30, repetimos na Biblioteca de Los Rosales de A Coruña o recital-concerto …escrita no ceo: que presentáramos en xaneiro no Planetario de A Coruña. Unha lectura de textos e cancións sobre o ceo, pero baixo o ceo: esta vez o do refuxio dos libros.

Haberá outras sorpresas, outros regalos e outros textos e, sobre todo, un aquófono diferente: en xaneiro visitounos o aquófono micronecta e agora chega o aquófono de bambú, pingas de auga pasadas polo filtro de samplers, da man de Patxi Valera. Ademais del, madamme cell estará ao teclado e ao sonidismo improvisado e eu poñerei a voz e os textos.

Compartiremos obras dende Italo Calvino a David Bowie, dende Vítor Ramil a Wislawa Szymborska, dende Kobayashi Issa a Roberta Flack… E auga de aquófono para este outonoagosto.

Igual non vindes. Pero igual si. Así son as cousas. Todo moi Schrödinger.

aquofono bambu 1

ensaiando con teclados e aquófono de bambú. Nacho Muñoz, Patxi Valera et moi

modelo cartaz Los Rosales 3

IMG_4179

Co Aquófono Micronecta. Foto de Sandra G. Rey

escrita no ceo [Planetario]

No Planetario, tras o concerto de xaneiro. Foto de Marcos Pérez

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s