poñérmonos estupendas no Museo Valle-Inclán

Imaxina que, por un esguince do espazotempo, mañá apareces de súpeto paseando poñamos por caso pola Pobra do Caramiñal, A Coruña. Sen moito rumbo fixo. Igual os teus pasos lévante, así nun repente, á Casa Museo de Valle-Inclán.

Alí imos estar nós, por cousas da vida.

Por nós quero dicir: un pianista, un aquofonista-percusionista e unha señoriña que le e canta. E un feixe de textos sobre Valle-Inclán e outras mecánicas de fluídos, en xeral acuosas. E algunha que outra versión de temas moi coñecidos e outros non tanto, como este de Vashti Bunyan:

Será o venres 31 de outubro, ás 20:30, na Casa Museo de Valle-Inclán de A Pobra do Caramiñal. Tres cranios espeluxados na casa dun cráneo previlegiado. Non sei. Pénsao.

modelo cartaz Sonata do soño 1

E se non nos vemos, lembrade: sempre nos quedarán LOS RAMONES.

los-ramones-ramc3b3n-gc3b3mez-de-la-serna-ramc3b3n-marc3ada-de-valle-inclc3a1n-juan-ramc3b3n-jimc3a9nez (1)
Los Ramones, do libro Hiperhíbridos, de Pablo Gallo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: