As obras de calquera época e lugar quizais se comprenden mellor se curioseamos un chisco nas substancias psicoactivas, alucinóxenas, estimulantes ou depresoras que se levaban durante o contexto da súa xestación e, en concreto, as que levaba o autor ou autora no peto da chaqueta ou no caixón da mesiña de noite.
Debería haber un catálogo, performancio, evento ou cousa que nos puxese diante dos ollos as obras escritas baixo a influencia de segundo que tipo de drogas, ao estilo desta táboa de aquí:
Para ir abrindo boca: o noso querido escritor que fala galego por debaixo do castelán, o obsesionado coas rosas e as palabras, ao que lle faltou o galego como lle puido faltar un brazo, mais sen lle restar unha pisca de forza e anatomía literarias… Onte estiven na súa Casa Museo. Non lembraba o marabilloso e pérfido que era o que suou a tinta de «La lámpara maravillosa» e de «La pipa de kif», obra esta última que inclúe poemas como este -que finalmente non limos na nosa Sonata do soño -, dedicado ao cloroformo e as visións que lle florece [ou enxerta] por dentro:
ROSA DE SANATORIO
Bajo la sensación del cloroformo
me hacen temblar con alarido interno,
la luz de acuario de un jardín moderno.
y el amarillo olor del yodoformo.
Cubista, futurista y estridente,
por el caos febril de la modorra
vuela la sensación, que al fin se borra,
verde mosca, zumbándome en la frente.
Pasa mis nervios, con gozoso frío,
el arco de lunático violín;
de un si bemol el transparente pío
tiembla en la luz acuaria del jardín,
y va mi barca por el ancho río
que divide un confín de otro confín.
Valle-Inclán
«Río» rima con «pío». Ailalelolá. «caos febril de la modorra», ríndome aos teus pés. Non é, se cadra, o seu mellor soneto, a verdade aínda non o sei. Pero igual amámoste, Valle-Inclán, karma do noso karma.
A famosa caricatura de Vivanco con Valle montado sobre unha llama, como un encantador de serpes a fumar a súa pipa de kif [«Acaso llegas del Oriente/ flauta que encantas a las serpientes?»]