A revista eñe no seu número de outono leva dentro o conto gañador [«Famous Blue Raincoat», de Aixa de la Cruz] e os nove finalistas desta edición do premio de relato Cosecha Eñe [Walter H. González, Manuel Crespo, Alejandro Morellón, Río, Alberto Haj-Saleh, Luis Bagué, Silvina Chague, Miguel Ángel Muñoz e Miguel Sanfeliu].
Entre os finalistas, un relato traducido a castelán no que asino como Río:
«omertá»
Nas vindeiras semanas, canda o libro de poemas «curiosidade» neste Nadal, estará tamén ese relato en galego.
Sangre nueva, sí. Sangue novo.
Ríos de tinta.
Criaturas de tinta, si.
Sangue fresco.
Vémonos nuns días. Lémonos nun días. Liémonos lendo. Liámonos lendo. Liarse lendo.