lentes gravitacionais de contacto

escanear0002
Guillermo e eu. Dexo.

| 2 haikus |

En la caverna
un hombre de alta mira
pinta lo que ve.

Sobre la acera
descubres la Rayuela.
No pases. Juega.

1985

Guillermo J. Espinosa Río [xaneiro 1965-decembro 2014]

| 3 haikus sen con tacto |

Sol de xaneiro.
Chisco os ollos nun xesto
do meu irmán.

Choven Xemínidas.
Meteoros falan por ti
sen saber de ti.

Tacto de lique.
Nas túas cinzas acho
tacto de lique.

:: poema 1 aos libros: lentes gravitacionais de contacto, extensións biónicas da nosa memoria, da nosa relación cos outros, do noso xeito de estar aquí e non estarmos máis ::

O libro aquel que non atopabas.
O de Tarkovski.
Esculpir en el tiempo.
«Nada, que no lo encuentro, Esti, lo tienes tú?»

No tempo.
Esculpo
culpo
e cuspo no tempo.
Atopeino.
Sabes onde?
No oco da túa almofada,
nese toco da túa cama.
Os mobles que labran tempo dentro do tempo
dende a nenez.
Tocan un oco. Tocan un toco,
os mobles, os andeis, ósos das habitacións:
carbonato cálcico= carbono + tinta.

O libro aquel que non atopabas, lembras?
Vino alí, boca abaixo.
Presentino.
Téñoo diante mentres escribo isto.
Estouno tocando.

Foi curioso dar con el.
Sen ti.
Dar con el sen dar
coa palabra para darcho.

Nin dar contigo.

Estíbaliz…Espinosa, 2015

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: