Que significa ser a túa irmá? Como é aparecer de repente na túa casa, dende a misma espiña?
A túa tristeza dáme varias veces na cabeza e ao volverme a ti xa non te vexo
[…]
Que significa ser irmáns? Lectores siameses, euquesei? Ata onde nos leva o fento común, a rama dourada?
Por que lado do cerebro se nos irmanda con algo, se nos solda a outra vida?
Irmáns de leite, células pescadas dun río de posibilidades cunhas agullas do 3 e ganchilladas nos xestos, na letra puntiaguda, nas manías. Nos iris. Nunha dobrez do pulmón.
Nun pregue do fungo nuclear do encéfalo.
Dáme varias veces na cabeza. E ao volverme a ti xa non te vexo.
Que rima con irmán?
Célula divina.
ADN que me quere soar de algo.
Libro abandonado antes de tempo.
Estíbaliz Espinosa, 2015
