Pílulas de biomedicina

En conxunto co Centro de Investigación Biomédica en Red [CIBER] , a dra. Joana Magalhães leva adiante un proxecto audiovisual e de divulgación biomédica, patrocinado pola FECYT, centrado nun punto quente interesante: a visibilización das mulleres no campo da investigación en biomedicina.

Fomos educadas nunha sociedade na que a muller participaba activamente en ciencias da saúde, mais case sempre na dimensión de coidadora. A dimensión investigadora, menos visible, contou no pasado e conta hoxendía con mulleres que traballan en microbioloxía, viroloxía, bioquímica ou biomateriais. Para obrar esa arte de maxia da visibilización, a Dra. Magalhães e o CIBER ramifícanse para tocaren tres paus: as entrevistas radiofónicas, e dous tipos de cápsulas audiovisuais, unhas radiofónicas sobre mulleres punteiras en biomedicina e outras televisivas sobre conceptos dese campo de estudo.

Orientadas a todos os públicos en xeral, especialmente rapazas, rapaces, mozas e mozos, as divulgacións por radio comezan mañá, 8 de marzo, cunha entrevista á propia Joana Magalhães e a primeira das Cápsulas de soN que escribíncentrada nunha «muller que gardaba cousas estrañas nos petos da bata» ;). As entrevistas e cápsulas retransmitiranse todos os luns a partir das 13:30 en Radio Voz, con Antía Díaz Leal.

A dra. Magalhães brindoume o privilexio de ser a encargada de poñer a voz [cunha pequena gran axuda de alguén especial]  e ser a autora dos textos e as musiquiñas de entrada e saída desas Cápsulas de soN, unha serie de 13 episodios sobre mulleres radioactivas, mulleres que despiden raios X polos ollos, polos labios maiores e os menores.

XX  que radiografan con raios X o mundo aínda patriarcal no que vivimos, investigamos, patentamos e tratamos aos nosos enfermos e enfermas.

O 8 de marzo comezaremos coa Científica que Gardaba Cousas Raras nos Petos da Bata… e haberá máis.

Todas mulleres extraordinarias, pioneiras nos seus traballos, imaxinativas e creadoras. Moitas delas recibiron galardóns como o Nobel ou  EMBO. Moitas delas non son coñecidas, pero as súas achegas si e así o seguirán a ser durante moito tempo.

mariecurie

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: