«Prefiro o cero soíño / aos que fan cola nunha cifra»

Posibilidades

Prefiro o cine.

Prefiro os gatos.

Prefiro carballos ás beiras do Warta,

Prefiro Dickens a Dostoievski.

Prefiro que me guste a xente

a amar a humanidade toda.

Prefiro levar agulla e fío, non vaia ser.

Prefiro a cor verde.

Prefiro non afirmar

que a razón ten a culpa de todo.

Prefiro as excepcións.

Prefiro marchar antes.

Prefiro falar cos médicos de calquera outra cousa.

Prefiro as vellas ilustracións a raias.

Prefiro o absurdo de escribir poemas

ao absurdo de non escribilos.

Prefiro, no amor, os aniversarios inexactos

para poder celebralos cada día.

Prefiro os moralistas

que nada me prometen.

Prefiro a bondade astuta á crédula de máis.

Prefiro a terra vestida de civil.

Prefiro os países conquistados aos conquistadores.

Prefiro ter as miñas reservas.

Prefiro o inferno do caos ao inferno da orde.

Prefiro os contos de fadas dos Grimm ás primeiras planas dos xornais.

Prefiro as follas sen flores ás flores sen follas.

Prefiro os cans coa cola sen cortar.

Prefiro os ollos claros, xa que os teño escuros.

Prefiro as gabetas.

Prefiro moita cousa non mencionada aquí

a moita outra que tampouco menciono.

Prefiro o cero soíño

aos que fan cola nunha cifra.

Prefiro o tempo dos insectos ao das estrelas.

Prefiro tocar madeira.

Prefiro non preguntar canto tempo aínda e cando.

Prefiro ter en conta mesmo a posibilidade

de que o ser ten a súa razón de ser.

Wislawa Szymborska

Trad. de E…E

Máis traducións de Wislawa Szymborska fixen por aquí  e por aquí

Outras traducións acolá

tumblr_leu4plCArh1qdqhjko1_500

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s