as científicas que…

Dende o pasado 8 de marzo até finais de maio Cápsulas de son vén sendo unha serie de 13 episodios que se emite en Radio Voz todos os luns a partir das 13:30 tras outras tantas entrevistas a mulleres que traballan no eido da biomedicina. A temática das cápsulas versa sobre mulleres inquisitivas que non dubidaron en remangarse para remexeren masas en ebulición, montar laboratorios clandestinos ou foron tristemente invisibilizadas ou cesadas dos seus traballos por políticas que non os aceptaban…

A iniciativa encádrase dentro das actividades do CIBER baixo o patrocinio da FECYT e da Fundación La Caixa Ciencia en torno ás mulleres en Biomedicina, xunto as entrevistas con investigadoras de excelencia ou un microespazo televisivo que se emitirá en xuño, Un minuto de ciencia. Todas as actividades están coordinadas por Joana Magalhães.

Tiven a ocasión de escribir os guións literarios/relatos de radio sobre 13 mulleres, así como narralos no espazo radiofónico Voces de Galicia presentado por Antía Díaz en Radio Voz como peche das entrevistas a mulleres científicas.  O 8 de marzo comezamos coa Científica que Gardaba Cousas Raras nos Petos da Bata. Seguimos coa Científica que Espiaba Cerebros de Polo. A cousa púxose emocionante coa Científica que Revelou Unha Espiral Que Nos Dá Forma. Logo veu a Científica que Estuda os Amallós dos Cromosomas ou a que É Amiga Dunha Mosca da Froita, sen esquecernos da que Resolvía Puzzles Baixo o Recendo das Maceiras da Avoa ou a que Descifrou a Escrita Secreta dun Virus. A cousa seguiu coa Científica que Imaxinou unha Fábrica de Ósos, logo con outra que Crea Tecidos Novos con Materiais Incribles e hoxe por exemplo, tocáballe o turno a Margarita Salas, académica e investigadora de excelencia, unha Muller que se Meteu cos Virus que se Metían coas Bacterias.

1371487516_939272_1371489511_sumario_grande
Marie Curie, fosforescendo

Durante as vindeiras 3 semanas saberemos algo máis doutras científicas actuais, con traballos extraordinarios e punteiros dedicados á curación e restauración dos nosos corpos. Algunhas delas son novas e descoñecidas, afoutas e imaxinativas. Todas fan e desfán o puzzle da vida, son traficantes de vida.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: